O Xeneral de Brigada e Xefe da Garda Civil en Galicia, o lucense Miguel Ángel González Arias, será o encargado de pregoar este ano, o día 29 de marzo no Salón Rexio do Círculo das Artes, a partir das 20,30 horas, a Semana Santa de Lugo, festa declarada de Interese Turístico Gallego. Neste acto intervirá o Orfeón Lucense, cun selecto programa de música sacra. Anunciábao este mércores na presentación oficial do cartel o presidente da Xunta de Confrarías, Ramón Basanta, que compareceu ante os medios de comunicación acompañado polo vigairo xeral da Diocese de Lugo, Mario Vázquez, así como por representantes da Xunta, a Deputación Provincial e o Concello da capital lucense, que colaboran con esta asociación.