Dña. María Pilar Campo Domínguez, “Marica Campo”, pregoeira da Semana Santa lucense 2025

O 9 de abril, as 20,30 h. na Igrexa de Santiago “A Nova” terá lugar o Pregón da Semana Santa lucense a cargo de Marica Campo, actuando neste acto o Orfeón Lucense.

MARICA CAMPO (María Pilar Campo Domínguez, Val do Mao –Incio- Lugo, 1948)

Mestra, poeta, narradora e autora teatral. Ademais de participar en numerosas publicacións colectivas con relatos, teatro e poesía, ten editadas as seguintes obras:

. Poesía: Tras as portas do rostro. Baía Editorial. Pedinche luz prestada. Espiral maior ( Primeiro premio “Fiz Vergara Vilariño”) . AbracadabrasEdiciós do Castro ( Premio “Fundación Neira Vilas” de poesía infantil 2005. Premio AELG de Literatura Infantil 2007). Sextinario: Trinta e seis mais tres . Sotelo Blanco ( Premio AELG de Poesía 2008). Nós outras (Poesía xuvenil, pola igualdade) Chan da Pólvora. 2021.

Narrativa: Confusión e morte de María Balteira.Baía Editorial. Memoria para Xoana. Espiral maior (Premio de narrativa Concello de Vilalba, 2001. Premio AELG 2003). Crispín do Mao, Crispín do mar.Xunta de Galicia. E Xoelaprendeu a voar (novela xuvenil) Obradoiro – Alfaguara . Noutra dimensión. Editorial Galaxia. Colección Árbore.

. Teatro: O Premexentes non pode cos paxaros rebezos. Cadernos da Escola Dramática Galega. Confusión de María Balteira.Biblioteca“Francisco Pillado” UDC. O Divino Sainete (Adaptación da obra homónima de Curros Enríquez). Biblioteca “Francisco Pillado” UDC.

Columnista semanal en El Progreso.

. Recoñecementos E de escritora da AELG 2013 e Premio das Letras da Xunta de Galicia nos Premios da Cultura Galega 2022, entre outros.

es_ESEspañol