Hoxe ás 11 da mañá, na catedral de Lugo, presentouse o cartel e programa oficial da Semana Santa 2014.
No acto estiveron presentes o Vicario Xeral da diocese e Deán da catedral, Mario Vázquez, e o coordinador da Xunta de Confrarías de Lugo, Ramón Basanta. Tamén asistiron o deputado provincial responsable da Área de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e a secretaria territorial da Xunta en Lugo, Marta Barreiro.
Os actos da Semana Santa comezarán co pregón, o 18 de marzo ás 20.00 horas na Igrexa de Santiago A Nova, que este ano correrá a cargo do sacerdote galego e subsecretario xeral da Provincia Eclesiástica de Madrid, Andrés Ramos.
Ao remate do acto actuará o Orfeón Lucense.
Presentación da Semana Santa en Lugo » Diocese de Lugo – Bispado de Lugo (diocesisdelugo.org)