Presentación da Semana Santa en Lugo 2025

Hoxe presentouse na sala Capitular da Catedral de Lugo o programa da Semana Santa.
No acto estivo presente o delegado Episcopal e director do Departamento de Irmandades e Confrarías, Miguel Asorey, e o coordinador da Xunta de confrarías de Lugo, Ramón Basanta.

Asistiron tamén a deputada provincial responsable da área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o delegado Territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, desculpando a súa ausencia o Concello de Lugo por coincidir co Pleno.

Ver Programa

gl_ESGalego