Recepción da Xunta de Confrarías polo bispo da Diocese

 
O pasado 23 de xuño a Xunta de Confrarías foi recibida no Pazo Episcopal polo bispo da Diocese, monseñor Alfonso Carrasco Rouco.
Nun ambiente moi familiar e distendido, o señor Bispo felicitou aos membros da Xunta por como se desenvolveron as celebracións da Semana Santa e do Corpus, onde a Xunta de Confrarías foi parte fundamental na súa organización.
Destacou a altísima participación, tanto de irmáns como de fieis, en todos os actos que se celebraron nestas festas.
Así mesmo, agradeceu todo o traballo e esforzo realizado, destacando que este ano observou unha maior implicación, se cabe, de todas as confrarías.
A Coordinadora Xeral dirixiuse ao Sr. Bispo en nome dos asistentes, para agradecerlle profundamente todo o apoio e cariño mostrado á Xunta de Confrarías dende a súa chegada á nosa Diocese, que sen dúbida motiva e impulsa a cada unha das confrarías.
Ao remate, monseñor Carrasco Rouco agasallou aos presentes con varios exemplares da publicación impresa do Pregón da Semana Santa, este ano realizada por el, cuxo título é "A Semana Santa como anuncio do Rexurdimento".
 

gl_ESGalego