Debido ao estado de alarma actual e xa que as celebracións non se poden levar a cabo con normalidade, este ano imos tentar facelo virtualmente. Para iso, todos os días publicaremos nas nosas redes sociais (Facebook, Twitter e YouTube) unha imaxe de cada Paso que percorrería a nosa cidade, cunha breve reflexión, e un vídeo de cada procesión con imaxes doutros anos. Tamén nos sumaremos ás celebracións que organiza a Diocese de Lugo e que se retransmitirán en YouTube Convidamos a todos os nosos irmáns e crentes a vivir nas súas casas, coas súas familias, a través da fraternidade, a solidariedade, a obediencia e a oración con toda a nosa Comunidade, intensamente estas celebracións da Paixón, Morte e Resurrección de Cristo.

gl_ESGalego