Presentación do cartel e programa da Semana Santa 2017

Esta mañá presentouse no Bispado de Lugo o programa e cartel da Semana Santa deste ano que comezará o venres, 31 de marzo, co pregón a cargo da xornalista, Pilar Falcón Osorio, ás 20.30 h na igrexa de Santiago «A Nova» de Lugo.No acto de presentación estiveron presentes o Vigairo Xeral da diocese, Mario Vázquez Carballo, a concelleira, Carmen Basadre, o deputado provincial, Eduardo Vidal e o coordinador da Xunta de Confrarías da cidade, Ramón Basanta.O coordinador da Xunta de confrarías, Ramón Basanta, fixo un percorrido polos actos que terán lugar esta semana Santa, destacando que a Semana Santa de Lugo conta con procesións todos os días, desde o Venres de Dores ata o domingo de resurrección. O cartel da Semana Santa deste ano é, de novo, obra do fotógrafo lucense Eduardo Ochoa. Este ano as oficinas de turismo poñerán á venda postais con imaxes da Semana Santa lucense.Ramón Basanta destacou tamén as singularidades da Semana Santa de Lugo:A Semana Santa de Lugo conta cunha antiga tradición. Os actos e procesións sucédense ao longo de toda a semana, pero quizais sexan fundamentalmente dous os momentos que a singularizan facéndoa, por iso, especial xa que non se coñecen en España outros actos similares.A Catedral de Lugo goza do privilexio inmemorial da exposición permanentemente do Santísimo Sacramento na súa Capela Maior. Recentemente concedéuselle a renovación da Indulxencia plenaria cotiá e perpetua.Este privilexio, único no que sabemos, permite que a tarde do Xoves Santo e o Domingo de Pascua, recóllese a Sacra forma no cáliz, doado á catedral polo bispo Baamonde no ano 1461 e procesiona polas rúas de Lugo sobre unha carroza que representa aos apóstolos e a Jesús sentados á mesa na última cea. Trátase dun privilexio?    O outro acto excepcional propio da nosa Semana Santa é o que se desenvolve na mañá de Pascua entre Cristo Resucitado e a súa Nai. En Lugo este acto celébrase dentro dunha fermosa cerimonia que na  actualidade é considerada como o acto máis antigo da Semana Santa Lucense. Esta procesión, de orixe medieval, está intimamente ligada co convento de Santo Domingo e co Concello municipal que tiña nun dos seus laterais a Capela da súa patroa Ntro. Sra. do Rosario. Os actos comezaban ata hai poucos anos na igrexa de Santiago A Nova coa saída da procesión e a imaxe da Virxe cuberta cun veo negro. A imaxe vai sobre andas portadas por catro policías municipais ata o recinto catedralicio. Despois e no momento da consagración tiña lugar un acto moi emotivo: aos acordes da marcha real, a tapa que cobre a sacra forma no tabernáculo viraba de sobre si mediante un curioso mecanismo deixando ver a Hostia Sacra, destápase a imaxe da Virxe e colócase no seu colo o neno Jesús.Isto repetiuse, con lixeiras matizacións propias de cada época, ano tras ano na nosa cidade ao longo dos últimos séculos e é o testemuño vivo da antigüidade da nosa semana maior.

es_ESEspañol