Presentación do cartel e programa da Semana Santa lucense 2013

O día 11 de marzo tivo lugar no Bispado a presentación da Semana Santa da cidade de Lugo. O primeiro en intervir foi o coordenador da Xunta de Confrarías, Ramón Basanta, referíndose primeiro o cartel. É unha composición do fotógrafo artístico Eduardo Ochoa, quen ven colaborando con esta Xunta de Confrarías dende hai anos. O cartel quere transmitir a mensaxe da luz que lle fai falla a Igrexa para esta nova andaina con un novo Papa. Tamén a sociedade e a política precisan de luz, para saír da crise que nos afecta a todos.  Respecto o programa,  comezou sinalando que nunca se incluíran tantos actos. Por primeira vez celébrase un ciclo de charlas de formación para confrades e todos cantos queiran asistir. Inaugura estas xornadas o Bispo da Diócese, Monseñor Carrasco Rouco, coa conferencia «As Confrarías, impulsoras e dinamizadoras da Fe». Tamén como novedade presentouse un Concerto de Música de Semana Santa, que se celebrará no claustro da Catedral. Nese mismo acto, se fará unha presentación de cada confraría. A Semana Santa 2013 comenzará o próximo venres día 15 co pregón a cargo da soprano e actriz Noemí Mazoy.
A representante da Deputación, Regina Polín, referiuse ao cartel anunciador da Semana Santa, obra de Eduardo Ochoa, e dixo que a luz presente no cartel non quede nun símbolo senón que nos guíe a todos, para que, unidos, consigamos un mundo mellor.
Na súa intervención, a concelleira Carme Basadre dixo que a Semana Santa lucense é un valor que debemos transmitir. Invitou a asistir a todas as procesións, das que destacou dúas: a do Bo Xesús e a da Esperanza, polo que transmite a imaxe da Virxe.
Pechou o acto de presentación da Semana Santa o señor Bispo, Alfonso Carrasco. Lembrou que as confrarías teñen un carácter penitencial, o cal transmite aos seus membros a necesidade de cambio, de que necesitan outra luz no corazón. Nese sentido son unha testemuña, e fan decatarse ao resto dos membros da sociedade, que esta debe renovarse.

es_ESEspañol