Reunión Ordinaria Xunta de Confrarías – Preparación Semana Santa 2016

O mércores 10 de febreiro no Palacio Episcopal e presidida polo Sr. Bispo da Diocese, D. Alfonso Carrasco, reuniuse a Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo.
 
 
 
 
Entre outros asuntos tratáronse os seguintes:
– Pregoeiro: o Vicario Xeral da Diocese e Deán da Catedral, Mario Vázquez Carballo. O pregón será no Círculo das Artes o venres 11 de marzo ás 20 horas
– Cartel: A cargo do fotógrafo artístico Eduardo Ochoa, que colabora estreitamente coa Xunta de Confrarías desde fai moitos anos. O cartel será presentado co programa en próximas datas, cando se confirmen todos os actos.
– Concertos: Celebración de dous concertos de Semana Santa, o primeiro, a cargo da Banda Filharmónica de Lugo, e o II Concerto Coral de Música Sacra.
– Ciclo de conferencias Occidente ante o Século XXI: os días 22, 23 e 24 de febreiro no salón de actos da Deputación Provincial a partir das 20 horas. 
Este ano o Vía Crucis levará o nome de VIA CRUCIS DA MISERICORDIA.
 

es_ESEspañol