RVDO. D. ANDRÉS RAMOS CASTRO, pregoeiro da Semana Santa lucense 2024

O día 18 de marzo, as 20,00 h, na Igrexa parroquial de Santiago, «A Nova», terá lugar o Pregón da Semana Santa lucense 2024, a cargo do sacerdote e xornalista, D. Andrés Ramos Castro.
Neste acto actuará o Orfeón Lucense, con un selecto programa de música sacra.
 
 

ANDRÉS RAMOS CASTRO.-
Nacido en Lalín (Provincia Pontevedra, Diocese de Lugo) o ano 1962.
Trasladouse a Santiago de Compostela en 1980, para realizar os estudos de Filosofía e Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán, estudos que completou na Facultade de Teoloxía «San Dámaso» de Madrid. Neses anos foi membro e directivo do prestixioso Orfeón Terra a Nosa.
No seu primeiro destino pastoral foi enviado a Monforte de Lemos. Trasladado posteriormente a Lugo en 1987, ordenouse sacerdote e exerceu a docencia no Seminario desta cidade. Desde 1990 a 1993 foi de párroco na vila de Navia de Suarna, e en 30 aldeas da serra dos Ancares.
O seu traslado a Madrid realízase no ano 1993. Capelán en varios colexios, Vigairo Parroquial na Parroquia de San Agustín de Alcobendas e San Lorenzo, no barrio de Lavapiés; delegado de Pastoral Xuvenil na Vigairía I.
Sempre estivo moi vinculado ás asociacións galegas de Madrid. A proposta de todas elas, 18 asociacións en total, solicitouse o seu nomeamento como capelán, nomeamento ratificado polo Cardeal Antonio María Rouco Varela.
Durante dezanove anos traballou no Arcebispado de Madrid, como secretario do Sr. Bispo e Notario Eclesiástico. Desde setembro de 2014 é secretario xeral da Provincia Eclesiástica de Madrid. Acompaña a varios grupos de familias e de mozas. Desde 2008 é capelán das Monxas Salesas do Primeiro Mosteiro da Visitación.
Viceconsiliario Nacional da xa centenaria Asociación Católica de Propagandistas, berce de numerosas e influentes iniciativas sociais, culturais, políticas e de formación 2008-2018. Director de Pastoral e de Voluntariado da Fundación Universitaria San Pablo CEU 2008-2018.
Capelán do Colexio Maior Universitario de San Pablo 2015-act . Forma parte da Comisión Executiva do Congreso Católicos e Vida Pública que organiza a Asociación Católica de Propagandistas e a Fundación Universitaria San Pablo CEU 2008-2018.
Desde xullo de 2018 é secretario xeral Adxunto da Provincia Eclesiástica de Madrid act.
• Máster de Doutrina Social de la Iglesia pola Universidade Pontificia de Salamanca.
• Licenciado en Xornalismo pola Universidade CEU San Pablo de Madrid
• Master en Análise da Sociedade da Información e Novas formas de Comunicación pola Universidade San Pablo CEU de Madrid.
• Fundador e membro honorario do Padroado da Fundación Directivos, de apoio a mozos emprendedores.
• Antena de prata especial concedida pola Asociación de Profesionais de radio e televisión de Madrid no ano 2010.
• Comendador do Cocido de Lalín e Escribano de Encoméndaa. Caballero da Enxebre Orde da Vieira. Galardoado en 2012 co premio “Lalinense do ano” no seu pobo natal.
• Caballero da Real Orde de San Fernando.
• Primeira insignia de ouro da Xunta de Galegos en Alcobendas. Insignia de ouro da Asociación de Villalba en Madrid.
• Castaño de ouro outorgado pola Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA) no ano 2016.
• Director do secretariado de Pastoral Universitaria da Arquidiocese de Madrid no ano 2019-2024.
• Membro honorario da Asociación Oasis For Peace, con sede en Mónaco, decembro de 2018.
• Membro do Consello Asesor da Fundación Pontificia Scholas Occurrentes. 2016-2021.
• Membro da Comisión Executiva Ampliada de Cátedras Scholas en representación da Universidade San Pablo CEU, setembro de 2019-2021.
• Delegado Episcopal do Arcebispado de Madrid para as Relacións coas Institucións, setembro de 2020-act.

es_ESEspañol