Reunión Ordinaria da Xunta de Confrarías para a preparación da Semana Santa 2018

O pasado venres 23 de febrerio, tivo lugar a reunión da Xunta de Confrarías, presidida por Monseñor Carrasco Rouco, para ultimar a preparación da Semana Santa 2018. Da mesma resaltamos a seguinte información:

O exalcalde Joaquín García Díez será este ano o pregoeiro da Semana Santa. O pregón lerase o próximo 16 de marzo, ás oito e media, no salón rexio do Círculo das Artes e, durante o acto, está prevista a actuación do Orfeón Lucense.

Outras actividades que se levarán a cabo os días anteriores á Semana Santa, serán a do Concerto de Música Sacra, que correrá a cargo da Filharmónica Lucense, e o Concerto de Música Coral, que será na igrexa A Nova e no que intervirán o orfeón Xoán Montes e o coro de nenos desta parroquia.

Tamén levará a cabo o ciclo de conferencias 'Occidente ante o século XXI', os días 7, 12 e 14 de marzo e que estará centrado en 'O compromiso laical para unha Igrexa de futuro'.

A primeira das charlas será pronunciada por Sebastián Mora Rosado, exsecretario xeral de Cáritas, quen falará de 'Unha fe comprometida: memoria, presenza e profecía'.

A segunda dos relatorios correrá a cargo de Federico Fernández de Buján Fernández, catedrático de Dereito Romano, que disertará sobre 'O proceso contra Jesús. Análise histórica, escriturístico e xurídico'.

A terceira conferencia impartiraa Alfredo Losada Suárez, delegado diocesano de Apostolado Seglar, e versará sobre 'Os retos do laicado nunha Igrexa comprometida'.

Todas as conferencias serán no salón de actos da Deputación Provincial, a partir das oito da tarde.

O cartel anunciador da Semana Santa volverá contar, un ano máis, cunha fotografía realizada por Eduardo Ochoa.

Polo momento, a xunta de confrarías non adiantou novidades en canto ao desenvolvemento das procesións de Semana Santa. Si se sabe, en cambio, que o lema deste ano do viacrucis será 'A fe dun pobo'.

Theme provided by Danetsoft under GPL license from Danang Probo Sayekti