XUNTA DE CONFRARÍAS DA SEMANA SANTA DE LUGO

ASOCIACIÓN DE FIEIS
A Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo, é unha asociación pública de fieis dentro da Igrexa católica, que se crea para promover a coordinación, a representatividade e a participación das confrarías de Semana Santa da nosa cidade. Ademais de procurar a conxunción de todos os actos das irmandades, coida o carácter relixioso dos desfiles procesionais á vez que fomenta o seu esplendor, programando actividades relixiosas e culturais e colaborando activamente noutras celebracións relixiosas, como o Corpus Christi.

HISTORIA

A primeira confraría que se erixe canónicamente na cidade de Lugo, é a Confraría do Desencravo do Señor e das Maiores Dores de María Santísima en 1947. Nacida uns anos antes no seo da Venerable Orde Terceira (hoxe Orde Francisca Seglar), para maior esplendor da Procesión do Santo Enterro.
Posteriormente legalízase a infantil Confraría da Entrada Triunfal de Jesús en Xerusalén, coñecida popularmente como de ?A Borriquita?, que con anterioridade presentara en 1945 os seus estatutos.
En 1949, a Confraría do Desencravo cede parte dos seus confrades, oficiais do exército na súa maioría, para axudar a fundar a Episcopal e Catedralicia Confraría do ?Bo Jesús?, que é aprobada o 1 de decembro dese mesmo ano.
Como colofón a todos estes acontecementos, o 2 de marzo de 1950 créase a Xunta de Confrarías de Semana Santa, composta polo Ministro e o Pai Asistente da Venerable Orde Terceira e polos Moderadores (capeláns) e Irmáns Maiores das confrarías existentes, baixo a presidencia do Bispo Diocesano.
Co tempo, esta entidade acabará converténdose na principal encargada de dirixir todo o relacionado coa Semana Maior do Ano Litúrxico en Lugo.

A partir desa data e ata a actualidade, a moderna Semana Santa lucense irase completando aos poucos coa incorporación doutras tres novas confrarías creadas en 1951, 1952 e 1963 respectivamente: a Confraría do Santo Cristo do Perdón e A nosa Señora da Piedade, a Confraría da Santísima Virxe da Esperanza e a Confraría Sacramental da Última Cea.
Ata a data, foron seis os Coordinadores Xerais que dirixiron os destinos da Xunta:
-Desde a súa fundación ata o ano 1978: Rvdo. D. Manuel Fernández Vázquez
-Desde 1978 a 1995: Rvdo. D. José Ferro Martínez.
-Desde 1995 a 1996: Rvdo. José Molejón Rañón.
-Desde 1996 a 2002: D. Arcadio Casanova Tizón.
-Desde 2002 ata a actualidade: D. Ramón Basanta Piñeiro.

Theme provided by Danetsoft under GPL license from Danang Probo Sayekti